terça-feira, 10 de abril de 2007

Xantar de confraternidade, 29 de Abril




Para o vindeiro 29 de abril a Coordenadora Galega de Roteiros, a Gentalha do Pichel e a Asociación Sócio-Cultural Roi Soga de Lobeira organizamos un xantar de confraternidade en Noia. Este acto enmárcase dentro da camiñada polo Río Tambre que se desenvolverá ao longo da fin de semana do 28 e 29 de abril e ao que asistirán persoas de diversos pontos do país. O prezo é de 12 €.

Quen quixer participar do mesmo pode porse en contacto coa organización no número de teléfono 629.31.12.68 ou correo-e roisogadelobeira@gmail.com.

Anímate e participa!

Camiñada polo río Tambre, 28 e 29 de Abril










A Coordenadora Galega de Roteiros, o Centro Social A Gentalha do Pichel e a Asociación Sócio-Cultural Roi Soga de Lobeira artellamos unha camiñada ao longo do río Tambre. Unha chea de actividades serán as que se artellen para garantir o máximo coñecimento do meio ao longo do cal discorrerá a camiñada.


O sábado 28, o roteiro partirá desde Negreira (9.30hrs) cara Noia a onde se chegará á tardiña (20.30hrs). Contodo, haberá que estar ás 9.00hrs diante da Casa do Concello de Ames, en Bertamiráns, para partir cara a capital da Barcala. A dificuldade deste roteiro é media-alta.


Logo da chegada a Noia haberá unha festa cara ás 23.00hrs.

O domingo 29, cara ás 11:30hrs sairase desde o casco urbano de Noia cara o Monte San Lois, onde se aprofundará na riqueza medio-ambiental da zona e as agrasións que esta está a padecer. Para ás 15:00hrs fica organizado un un xantar (12 €) de confraternidade, onde música do país e xogos tradicionais acompañarán ás e aos excursionistas.

Após o xantar e un merecido descanso, arredor das 17:00hrs haberá unha camiñada urbana na que se falará da historia do nacionalismo xuvenil no primeiro terzo do século XX e, nomeadamente, dos Ultreia, nascidos en Noia no 1932.


En todo caso, poñemos ao teu servizo un teléfono, o 629.31.12.68, e un correo-e, o roisogadelobeira@gmail.com , por se quixeres máis información.

segunda-feira, 9 de abril de 2007

Remozando o proxecto!


Ao longo dos últimos seis anos a Asociación Sócio Cultural Roi Soga de Lobeira desenvolveu diversos actos. A entidade entrou desde o verán do 2006 ao inicio do 2007 nunha fase de debate e reflexión interna para actualizar a súa presenza, obxectivos e prioridades. Nesta orde de cousas, criouse este espazo web, a través do cal manter unha canle permanente de comunicación co conxunto social. Aliás, a aposta clara pola confluencia con outras entidades nun espazo físico, común, a partir do cal tomar pulos novos, foi o outro grande acordo tomado após o tempo de reflexión. Agardamos que te sumes a esta nova fase do asociacionismo de base na Ría de Muros e Noia. Na imaxe acto celebrado en defensa do Río Vilacoba (Lousame) e en contra da construción dunha central hidroeléctrica coorganizado pola Roi Soga de Lobeira no 2001.