C.S. ROI SOGA DE LOBEIRA - RUA TRAVESSIA nº3 15200 NOIA roisogadelobeira@blogspot.com
...
QUE OPINIOM TES DO NOSSO BLOG?
Somos
Varias xerazóns de nacionalistas que nos unimos para solidificar nun entorno físico a nosa capacidade e vontade de loita en favor do idioma, o medio natural, a cultura... da Galiza no horizonte da sua normalizazón nacional desde o marco da bisbarra da Ria de Muros e Noia.
Áreas de traballo
Loita ecoloxista e meio ambiente:: Loita Feminista:: Acción cultural e memoria histórica:: Música, xogos tradicionais, lezer e desportos:: Formación
A nosa Historia
A A.S.C. Roi Soga de Lobeira nasceu alá polo ano 2000. A finalidade da entidade era promover e organizar actividades de defensa e reivindicación da nosa cultura. Conferencias arredor da Historia, Lingua ou Patrimonio da Galiza, camiñadas en defensa do meio natural, encontros de debate, ou concertos de música, entre outros, teñen sido algunhas das actividades desenvolvidas até o momento. Agora a Roi Soga de Lobeira fica nunha nova etapa. A partir do xa feito, do medre da base, cúmpre intensificar o traballo, e aglutinar máis forzas e esforzos na defensa do país desde a Ría de Muros e Noia.
O nome da entidade tomámolo de quen fora mandado asasinar polo monarca castellano Enrique III no 1393 "... porque fue desobediente al rey (...) Fue preso y degollado en la villa de Noya , e recibida su hacienda para la corona real... " .
A recuperación para nosa memoria de Roi Soga de Lobeira é a recuperación dun fito histórico contra a submisión e a dependencia do noso país.
Asóciate!
Facer parte da A.S.C. Roi Soga de Lobeira é ficar activa, ficar activo na nosa sociedade.
Día a día vemos esmorecer o noso rico patrimonio; legado ao longo de séculos de percorrer histórico. Cultura, Lingua, Meio Ambiente... a nosa idiosincrasia morrendo parello a un feroz proceso de españolización. Un proceso diante do que cúmpre reaxir!
Formar parte da A.S.C.Roi Soga de Lobeira é loitar pola normalización lingüística, a defensa do Meio Ambiente, do noso patrimonio material e inmaterial, recuperar desde o presente as nosas tradicións e apostar por un outro lecer en clave dun futuro noso: un lecer galego e popular. Asóciate con nós!
1 comentarios:
somentes 2...
Enviar um comentário